Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Concelleira de Benestar recibe a representantes de AFALU e profesionais sanitarias de Cuba expertas en alzheimer

A Concelleira de Benestar recibe a representantes de AFALU e profesionais sanitarias de Cuba expertas en alzheimer

  • Tema
    • Benestar social,
    • Asociacións sociais,
    • Inclusión
Mércores, 02 de marzo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Concelleira de Benestar recibe a representantes de AFALU e profesionais sanitarias de Cuba expertas en alzheimer

A Concelleira de Benestar Social, Ana González Abelleira, recibiu na tarde deste martes na casa consistorial á presidenta da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (AFALU), Carmen López Ledo, ao director do centro de día de alzheimer que xestiona a asociación na cidade, Valentín Calviño Fondevila, e a dúas profesionais sanitarias de Cuba expertas na enfermidade, Zoraida Suárez Castellanos, doutora en Xeriatría, e Estrella Llanes Aguiar, traballadora social, que están en Lugo no marco do programa de cooperación que desenvolve AFALU co fin de intercambiar e mellorar coñecementos sobre esta demencia.

Esta xuntanza substituíu á visita que estaba programada para esta tarde ás instalacións do centro de día de alzheimer, e que tivo que ser aprazada por motivos alleos a AFALU e ao Concello.

Na reunión, a Concelleira ratificou o apoio municipal a AFALU, entidade social coa que colabora anualmente cunha achega económica de 10.000 euros, ademais de cederlle un espazo no centro Clara Campoamor.

O centro de día de Alzheimer xestionado por AFALU pertence á rede pública deste tipo de centros da Xunta. Situado na rúa Juana la Loca, ten 40 prazas de capacidade. A través dun procedemento negociado con publicidade e tramitación urxente da xestión en réxime de concesión, AFALU xestiona o centro dende o día 1 de marzo de 2010.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/concelleira-de-benestar-recibe-representantes-de-afalu-e-profesionais-sanitarias-de-cuba