Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

  • Tema
    • Protección da comunidade,
    • Seguridade,
    • Tráfico
Venres, 25 de novembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Accidentes de circulación e delito contra a seguridade viaria

  • Ás 12:20 horas do día de onte un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á rotonda da rúa Serra de Meira, xa que se producira un accidente de circulación no que un turismo realiza a rotonda en sentido contrario á circulación, chocando frontalmente contra un camión que circulaba pola glorieta. Como consecuencia resultaron feridos o condutor do camión e o seu acompañante, que foron trasladados ao HULA nunha ambulancia, con lesións que ao parecer non revisten gravidade, practicándose probas de alcoholemia a ambos os condutores con resultado Negativo. (Adxúntanse imaxes).
  • Ás 05:41 horas do día 25 de novembro un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á rúa Miguel de Cervantes xa que se producira un accidente no que o condutor dun vehículo perde o control, chocando contra un estacionado. Os axentes observan que este condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,79 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, procedendo a trasladar o vehículo ao Depósito Municipal onde queda inmobilizado.

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/comunicado-de-prensa-de-policia-local-de-lugo-25-11-2022