Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Co cese de Mosquera, o presidente da Xunta “danos a razón aos lucenses cando recriminamos a actitude da Conselleira”

Co cese de Mosquera, o presidente da Xunta “danos a razón aos lucenses cando recriminamos a actitude da Conselleira”

“Esperamos que o cambio, non sexa só de nome, senón tamén de xestión e actitude, e que por fin se atendan as demandas de Lugo”, subliña a Alcaldesa

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Sanidade
Luns, 05 de outubro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa de Lugo

A Alcaldesa, Lara Méndez, asegurou este luns que, coa destitución de Rocío Mosquera como titular da carteira de Sanidade, o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, “ratifica o que xa dixemos os lucenses no seu día, danos a razón, cando recriminamos a actitude da Conselleira”, declarada persoa non grata no Concello a principios deste ano pola negativa a recoñecerlle aos veciños e veciñas de Lugo o dereito a unha atención sanitaria de primeira.

A rexedora espera así mesmo que “non sexa só un cambio de nome, senón un cambio de actitude, e que por fin se atendan as demandas que levamos reivindicando os lucenses dende hai moitísimo tempo, e que garanten a igualdade co resto de galegos”. Lara Méndez subliñou neste senso que a dotación de hemodinámica 24 horas, medicina nuclear e radioterapia farán do HULA “un gran hospital, que conta con profesionais moi bos, e ao que lle faltan estas prestacións para estar ao cen por cen”.

Audio

  • Declaracións da Alcaldesa de Lugo |Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/co-cese-de-mosquera-o-presidente-da-xunta-danos-razon-aos-lucenses-cando-recriminamos-actitude

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/051015_destitucion_mosquera_alcaldesa.mp3