Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Celebrouse a 4ª Xornada de Intercambio de Artigos Cervexeiros de Lugo no Mercado Municipal de Quiroga Ballesteros

Celebrouse a 4ª Xornada de Intercambio de Artigos Cervexeiros de Lugo no Mercado Municipal de Quiroga Ballesteros

Cristina López visitou o encontro no que participaron preto de 20 expositores de todo o Estado e de Portugal.

  • Tema
    • Desenvolvemento social,
    • Desenvolvemento local,
    • Desenvolvemento económico,
    • Economía,
    • Comercio,
    • Mercados
Domingo, 16 de novembro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Celebrouse a 4ª Xornada de Intercambio de Artigos Cervexeiros de Lugo no Mercado Municipal de Quiroga Ballesteros

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, visitou a 4ª edición da Xornada de Intercambio de Artigos Cervexeiros de Lugo, organizada pola Asociación de Coleccionistas Cervexeiros de Galiza. Cristina López agradeceu a participación "temos preto de 20 expositores que achegan parte da súa colección dende diferentes partes do estado e dende Portugal".

A xornada agrupa a unha serie de expositores que mostran as súas pezas relacionadas, todas elas, coa cervexa. Achegaranse coleccionistas de botellas de cervexa, chapas, pousavasos, etiquetas, vasos serigrafiados e outros artigos coleccionables procedentes de todo o mundo. A concelleira de Participación destacou que "é unha oportunidade única para coñecer o mundo do coleccionismo relacionado coa cervexa", e engadiu "os colecionistas acheganse a Lugo para intercambiar obxectos entre eles e amosarllos á xente que visita a mostra".

A mostra conta co apoio de La Craft, cervexaría artesá ubicada no Mercado Municipal, que permitiiu degustar distintas cervexas artesás realizadas en Lugo.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/celebrouse-4a-xornada-de-intercambio-de-artigos-cervexeiros-de-lugo-no-mercado-municipal-de