Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > As Aulas Abertas de Benestar Social regresan un Nadal máis para axudar ás familias coa conciliación

As Aulas Abertas de Benestar Social regresan un Nadal máis para axudar ás familias coa conciliación

  • Tema
    • Benestar social,
    • Desenvolvemento social,
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Xestión cultural,
    • Desenvolvemento local,
    • Conciliación
Venres, 09 de decembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
As Aulas Abertas de Benestar Social regresan un Nadal máis para axudar ás familias coa conciliación

O Goberno de Lara Méndez, a través da área de Benestar Social que dirixe a concelleira Olga López Racamonde, abre o vindeiro día 13 de decembro o prazo de inscrición das Aulas Abertas para as vacacións de Nadal. A programación, segundo explicou Olga López, permitirá ás familias lucenses compatibilizar as súas obrigas laborais co período non lectivo.

Benestar Social ofrece un total de 120 prazas para o Nadal, explicou a Concelleira, ao tempo que explicou que as Aulas Abertas de desenvolverán en dúas quendas: unha primeira os días 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro e outra os días 2, 3, 4 e 5 de xaneiro. É dicir hai 20 prazas por centro e por quenda.

As familias interesadas poderán presentar a súa solicitude do 13 ao 15 de decembro, ambos os dous días incluídos, ben de xeito presencial – entre as 09:00 e as 13:00 horas no centros de convivencia Uxío Novoneyra e Milagrosa, ben a través do enderezo electrónico aulasabertas@lugo.gal [1]. [1] As solictudes poderanse descargar a través da páxina web do Concello de Lugo: www.concellodelugo.gal [2], dentro do apartado Animación Sociocultural http://concellodelugo.gal/gl/actuacions/programa-gl-animacion-sociocultural [3] a partir das 09.00 horas do día 13.

As prazas serán adxudicadas por rigorosa orde de inscrición e o listado de persoas admitidas publicarase o día 20 de decembro. A matrícula deberá formalizarse entre os días 21 e 22 de decembro, cubrindo o formulario modelo 603 de pago de taxas: http://www.lugo.es/Modalidad3/Autoliquidacion?modelo=603 [4] , efectuando o abono da mesma e entregando o xustificante no centro de convivencia correspondente.

Máis info

  • Cartaz "Aulas Abertas de Nadal" | Descargar pdf [5]

Audio

  • A edil de Benestar Social, Olga López Racamonde, sobre as Aulas Abertas de Nadal | Descargar mp3 [6]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/aulas-abertas-de-benestar-social-regresan-un-nadal-mais-para-axudar-familias-coa-conciliacion

Ligazóns:
[1] mailto:aulasabertas@lugo.gal
[2] http://www.concellodelugo.gal/
[3] https://concellodelugo.gal/gl/actuacions/programa-gl-animacion-sociocultural
[4] http://www.lugo.es/Modalidad3/Autoliquidacion?modelo=603
[5] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/cartaz_3_aa_nadal_22.pdf
[6] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/091222_olga_lopez_-_aulas_abertas_nadal.mp3