Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Arrincan, pola rúa Sargadelos, as tarefas de mellora de saneamento en distintos puntos da cidade

Arrincan, pola rúa Sargadelos, as tarefas de mellora de saneamento en distintos puntos da cidade

Os traballos, que tamén contemplan labores na rúa Recatelo, en Fontiñas e na rúa Ferreiriño, contan cun orzamento duns 56.000 euros e un prazo de execución de 6 semanas

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Obras en execución
Luns, 29 de abril de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Arrincan, pola rúa Sargadelos, as tarefas de mellora de saneamento en distintos puntos da cidade

O Concello inicia hoxe as tarefas de mellora de saneamento en catro puntos da cidade, tras asinar nos pasados días o contrato destas obras, adxudicadas a Construcciones Sanle S.L., cun orzamento duns 56.000 euros e un prazo de execución de 6 semanas.

Trátase, concretamente, de traballos nas rúas Sargadelos, entre os números 51 e 83,  por onde comezaron os traballos. Así mesmo contémplanse labores na rúa Recatelo, no número 21, á altura da rúa Ribadeo; en Fontiñas (entre os números 164 e 180) e na rúa Ferreiriño, na intersección coa Avenida da Coruña.

Con este contrato, a entidade local persigue reformar o servizo de saneamento onde se vén detectando dende hai tempo problemas na rede, que dan lugar a inundacións recorrentes. Así mesmo, grazas a esta intervención de mellora, o Concello garante as boas condicións dun servizo público como é o saneamento, e mellora a calidade de vida e o benestar da veciñanza destas vías.

Audio

  • O edil Manuel Núñez, sobre as tarefas de saneamento |  Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/arrincan-pola-rua-sargadelos-tarefas-de-mellora-de-saneamento-en-distintos-puntos-da-cidade

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/290419_nunhez_saneamento.mp3