Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A área de Participación moderniza o sistema de evacuación de augas pluviais do Cemiterio Municipal

A área de Participación moderniza o sistema de evacuación de augas pluviais do Cemiterio Municipal

Cristina López: “trátase dunha actuación moi demandada pola veciñanza de Lugo e que axudará á mellora da imaxe do noso cemiterio municipal”

A intervención ten un prazo de realización de 1 mes e foi adxudicada por 22.146,53€

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Residuos,
    • Auga,
    • Cemiterio
Mércores, 02 de setembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Participación moderniza o sistema de evacuación de augas pluviais do Cemiterio Municipal

A Xunta de Goberno celebrada hoxe aprobou a contratación da modernización do sistema de evacuación de augas pluviais no cemiterio municipal. Segundo indicou Cristina López, “trátase dun traballo importante para o Cemiterio Municipal que axudará á mellora da súa imaxe e reducir o mantemento do sistema actual de evacuación”.

A actuación foi contratada po 22.146,53 e ten un prazo de realización dun mes. Realizarase a rehabilitación e reconstrución de cunetas, canles e salvacunetas de formigón, xunto co nivelado, alisado e remate con pavimento e a conexión coas redes de evacuación existentes.

“Trátase dunha actuación moi demandada nos últimos tempos pola veciñanza de Lugo”, informou Cristina López, que engadiu “desde a área de Participación traballamos para que Lugo conte cun Cemiterio Municipal público e referencial”.

Audio

  • A edil de Participación, Cristina López, sobre a Xunta de Goberno | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/area-de-participacion-moderniza-o-sistema-de-evacuacion-de-augas-pluviais-do-cemiterio

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/200902_cristina_lopez_xunta_de_goberno.mp3