Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Ana Abelleira recolle o recoñecemento concedido ao Concello de Lugo nos Premios Nacionais de Comercio 2022 polo seu apoio a este sector

Ana Abelleira recolle o recoñecemento concedido ao Concello de Lugo nos Premios Nacionais de Comercio 2022 polo seu apoio a este sector

  • Tema
    • Desenvolvemento social,
    • Desenvolvemento local,
    • Desenvolvemento económico,
    • Economía,
    • Comercio
Venres, 11 de novembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Ana Abelleira recolle o recoñecemento concedido ao Concello de Lugo nos Premios Nacionais de Comercio 2022 polo seu apoio a este sector

A tenente de alcaldesa e concelleira de Desenvolvemento Local e Emprego, Ana Abelleira, participou este xoves na cerimonia de entrega dos Premios Nacionais de Comercio Interior 2022, que recoñeceron o especial labor e apoio do Goberno de Lara Méndez ao sector comercial lucense, outorgando ao Concello de Lugo o único accésit que se concedeu nesta convocatoria a muncipios de España.

O Concello obtivo este recoñecemento por parte do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, a través da Secretaría de Estado de Comercio, organizadora do certame, na categoría de municipios de máis de 25.000 habitantes, na que Zaragoza, foi o primeiro premiado.

O acto de entrega de premios tivo lugar esta mañá no Parque Zelai Arizti, en Zumárraga (Gipuzkoa), e estivo presidido pola ministra, Reyes Maroto, e contou coa participación da Secretaria de Estado de Comercio, Xiana Méndez, ademais doutras autoridades do País Vasco, como o alcalde de Zumárraga, Mikel Serrano; ou o Delegado do Goberno nesta comunidade, Denis Itxaso; así como representantes dos Concellos e asociacións galardonadas.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/ana-abelleira-recolle-o-reconecemento-concedido-ao-concello-de-lugo-nos-premios-nacionais-de