Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Alumnos de 3º de primaria do colexio As Mercedes coñecen o funcionamento municipal

Alumnos de 3º de primaria do colexio As Mercedes coñecen o funcionamento municipal

A Alcaldesa explicoulle aos cativos e cativas como se toman as decisións no Concello,  así como o seu organigrama  e a estrutura do Pleno 

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Educación,
    • Centros de ensino
Luns, 14 de marzo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Alumnos de 3º de primaria do colexio As Mercedes coñecen o funcionamento municipal

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu este luns no Salón de Plenos a unha trintena de alumnos e alumnas de terceiro de primaria do colexio lucense As Mercedes, que viñan acompañados de cinco mestras. A rexedora explicoulle aos cativos e cativas, que tiñan ao redor de 8 e 9 anos, como se toman as decisións no Concello, o seu organigrama e a estrutura do Pleno, así como o seu funcionamento.

Os nenos e nenas, que se amosaron en todo momento moi atentos á explicación da rexedora, participaron de xeito moi activo preguntando dúbidas e interesándose pola inversión das distintas partidas.

“Encontros deste tipo fan que os máis cativos se interesen pola realidade da administración do seu municipio e sobre todo que coñezan como funciona, o proceso para tomar decisións e o día a día do traballo municipal, ao tempo que coñecen de primeira man o seu Concello”, subliñou Méndez.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alumnos-de-3o-de-primaria-do-colexio-mercedes-conecen-o-funcionamento-municipal