A alcaldesa reúnese coa Asociación de Veciños Ronda Mercedes-Músico Xosé Castiñeira para atender as súas demandas para o barrio
Paula Alvarellos recibiu a varios integrantes do colectivo e recolleu algunhas propostas e melloras para a zona, centradas na sinalización, iluminación e mobiliario urbano.
- Tema
- Alcaldía,
- Benestar social
Mércores, 06 de novembro de 2024
Fonte:
Gabinete de Prensa

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, recibiu a varios e varias integrantes da Asociación de Veciños Ronda Mercedes-Músico Xosé Castiñeira, na que foi a primeira reunión institucional de parte da súa directiva coa rexedora municipal. As e os responsables desta asociación trasladaron á alcaldesa varias propostas e demandas para mellorar este barrio, centradas especialmente en intervención de sinalización e iluminación, ademais de actuacións referidas ao mobiliario urbano neste barrio da zona sur da cidade.
