Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Alcaldesa reúnese co Observatorio de Empresarios e Veciños pola Seguridade Cidadá e Servizos

A Alcaldesa reúnese co Observatorio de Empresarios e Veciños pola Seguridade Cidadá e Servizos

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Seguridade
Xoves, 05 de abril de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa reúnese co Observatorio de Empresarios e Veciños pola Seguridade Cidadá e Servizos

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo este xoves unha reunión de traballo cos integrantes do Observatorio de Empresarios e Veciños para a Seguridade Cidadá e Servizos da cidade co fin de abordar diversas cuestións, fundamentalmente relacionadas coa mobilidade. A rexedora confirmoulles no encontro que despois do verán, como máximo antes das festas de San Froilán, se ampliarán as prazas dos aparcamentos subterráneos públicos, nas prazas da Constitución, Ferrol e Santo Domingo, e, a maiores, o Goberno ten previsto habilitar estacionamentos disuasorios en distintos puntos da cidade.

Este Observatorio está integrado polas seguintes entidades: Federación de Comercio de Lugo; Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Lugo-Lugo Centrum; Asociación de Autónomas, Empresarias, e Profesionais da Provincia de Lugo-ACAL-; Federación de Asociacións de Veciños da Provincia de Lugo; e Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo, entidades que representan os intereses da grande maioría da cidadanía de Lugo.

Na xuntanza de hoxe, Alcaldesa e Observatorio acordaron volver a reunirse en breve para abordar, entre outras, cuestións como as distintas ordenanzas que ten en fase de elaboración o Concello.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-reunese-co-observatorio-de-empresarios-e-vecinos-pola-seguridade-cidada-e-servizos