Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Alcaldesa recibe no Concello a estudiantes alemáns de intercambio co IES Nosa Señora dos Ollos Grandes

A Alcaldesa recibe no Concello a estudiantes alemáns de intercambio co IES Nosa Señora dos Ollos Grandes

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Axenda institucional,
    • Cultura e Turismo,
    • Centros de ensino,
    • Educación pública
Venres, 17 de xuño de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa recibe no Concello a estudiantes alemáns de intercambio co IES Nosa Señora dos Ollos Grandes

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu este luns no Salón de Plenos a unha vintena de estudantes procedentes de Leipzig, que pasaron 7 días na cidade grazas a un programa de intercambio co IES lucense Nosa Señora dos Ollos Grandes.

As rapazas e rapaces, de entre 15 e 16 anos, chegaron a Lugo o pasado día 13 de xuño, e permanecerán na cidade ata o 20 de xuño. Durante a súa estancia, está previsto que coñezan os tres Patrimonios que alberga a cidade, así como gozar das paisaxes naturais de gran beleza, como os paseos dos ríos Miño e Rato.

A rexedora deu a benvida ao grupo alemán, explicoulles os principais atractivos da cidade e animounos a ser embaixadores de Lugo na súa cidade de orixe, ademais de subliñar os beneficios tanto no eido persoal como profesional que teñen este tipo de intercambios para os mozos e mozas. No encontro, no que tamén participou o profesorado dos dous centros educativos houbo un intercambio de agasallos.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-recibe-no-concello-estudiantes-alemans-de-intercambio-co-ies-nosa-senora-dos-ollos