Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A alcaldesa recibe ao líder de Luar na Lubre antes do concerto do venres, no que a banda galega presentará o seu novo traballo “Encrucillada”

A alcaldesa recibe ao líder de Luar na Lubre antes do concerto do venres, no que a banda galega presentará o seu novo traballo “Encrucillada”

Paula Alvarellos mantivo un encontro con Bieito Romero, con quen falou da actuación que acollerá o Gustavo Freire e dos case 40 anos de traxectoria do emblemático grupo. 

  • Tema
    • Axenda institucional,
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Música,
    • Xestión cultural
Mércores, 08 de xaneiro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa recibe ao líder de Luar na Lubre antes do concerto do venres, no que a banda galega presentará o seu novo traballo “Encrucillada”

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos mantivo esta mañá unha reunión con algúns dos membros do emblemático grupo Luar na Lubre, previa ao concerto que a banda galega ofrecerá este venres no auditorio municipal Gustavo Freire, a partir das 21.00 horas. A rexedora municipal eloxiou “a dilatada traxectoria e os moitos éxitos deste grupo que é un claro referente non só da nosa música senón tamén da cultura galega”.

Este será o día escollido para presentar o seu novo traballo, ‘Luar Na Lubre XX. Encrucillada’, un libro-disco recompilatorio que segundo explicou o líder do grupo, Bieito Romero, recolle algúns dos temas máis emblemáticos do seu amplo repertorio, cunha cronoloxía fotográfica e literaria da súa dilatada historia, ademais dos testemuños de 50 artistas relevantes que colaboraron con esta formación.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-recibe-ao-lider-de-luar-na-lubre-antes-do-concerto-do-venres-no-que-banda-galega