Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A alcaldesa pon en valor o traballo en I+D+i do Campus Terra na apertura do I Congreso Ibérico da Mocidade Investigadora que acolle Lugo

A alcaldesa pon en valor o traballo en I+D+i do Campus Terra na apertura do I Congreso Ibérico da Mocidade Investigadora que acolle Lugo

Paula Alvarellos desexou “éxito nas investigacións centradas no sector primario sostible e que o talento de tanta xente nova quede na cidade a desenvolver os seus proxectos”.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Educación,
    • Formación,
    • Xuventude,
    • Novas tecnoloxías
Luns, 14 de outubro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa pon en valor o traballo en I+D+i do Campus Terra na apertura do I Congreso Ibérico da Mocidade Investigadora que acolle Lugo

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, participou esta mañá na inauguración do primeiro Congreso Ibérico da Mocidade Investigadora, organizado polo Campus Terra da USC, e que estes días se celebra na Escola Politécnica, coa asistencia de 130 estudiantes, procedentes do campus lucense, pero tamén doutras universidades de Galicia e de Portugal. A rexedora municipal puxo en valor “o gran traballo en I+D+i do Campus Terra con proxectos empresariais que permitiron fornecer a nosa economía e dinamizar o sector primario tan importante en Lugo”.

Alvarellos Fondo fixo fincapé nos proxectos que se presentarán neste congreso ao longo dos próximos dous días e das investigacións centradas no avance do sector primario desde un punto de vista sostible. “Son temas moi unidos a Lugo, unha cidade que está a apostar pola sostibilidade, pola posta en valor de espazos naturais e pola loita contra o cambio climático”, sinalou, polo que “agardamos moito éxito futuro deses proxectos e que a xente nova con talento quede na nosa cidade a desenvolver a súa capacidade profesional”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-pon-en-valor-o-traballo-en-idi-do-campus-terra-na-apertura-do-i-congreso-iberico-da