Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Alcaldesa de Lugo presenta en Fitur unha cidade aberta ao mundo a través das súas experiencias máis internacionais

A Alcaldesa de Lugo presenta en Fitur unha cidade aberta ao mundo a través das súas experiencias máis internacionais

Lara Méndez destaca a proxeción do Arde Lvcvs e do Camiño Primitivo, “como un gran atractivo que sitúa ao municipio na rede mundial do turismo de calidade”.

Un vídeo de gran potencial audiovisual e de estilo cinematográfico convida a participar na festa de recreación histórica deste ano.

Méndez recolle na Feira Internacional o galardón Tourism Women Friendly como mellor destino turístico pola visibilización da muller no Arde Lvcvs.

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Cultura e Turismo,
    • Promoción turística,
    • Xestión cultural
Venres, 21 de xaneiro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
 A Alcaldesa de Lugo presenta en Fitur unha cidade aberta ao mundo a través das súas experiencias máis internacionais

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, explicou esta mañá na Feira Internacional de Turismo en Madrid, a nova campaña promocional ‘Lugo, dez portas abertas ao mundo’, “na que presentamos unha cidade de enorme proxección grazas a dúas das nosas experiencias de maior atractivo internacional, o Arde Lvcvs e o Camiño Primitivo”.

“Lugo conxuga todos os ingredientes para estar na primeira liña das redes do turismo de calidade e non masificado, a historia, o patrimonio, a riqueza natural e as nosas xentes atraen a visitantes de proximidade, pero tamén do mundo enteiro, e temos que seguir traballando nesta liña’, dixo.

A rexedora avanzou que se deron grandes pasos no impulso do Arde Lvcvs no mundo, “só na última campaña en medios internacionais chegamos a 35 millóns de persoas de catro continentes, o que nos axudará a obter o recoñecemento de Festa de Interese Turístico Internacional”.

A Alcaldesa estivo acompañada en Fitur da concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, que presentou o vídeo ‘Lugo, km 100’ para impulsar o Camiño Primitivo, e o concelleiro de Xuventude, Mauricio Repetto, que presentou o vídeo promocional do Arde Lvcvs deste ano, de formato cinematográfico.

Fitur tamén foi o escenario onde a Alcaldesa recolleu o galardón de Lugo como mellor destino turístico Tourism Women Friendly. O premio destaca a visibilización das mulleres castrexas na festa lucense de recreación histórica e foi outorgado polo xurado da Asociación Mujeres para el Diálogo y la Educación.

A Alcaldesa agradeceu este recoñecemento, “porque destaca o papel que xogou a muller lucense ao longo da historia da cidade”.

O Concello realizará un acto en Lugo para entregarlle ás mulleres castrexas este galardón.

Vídeo

  • Coñece o video do Arde Lvcvs 2022 [1]

Audio

  • A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre FITUR | Descargar mp3 [2]
  • O edil Mauricio Repetto, sobre FITUR | Descargar mp3 [3]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-de-lugo-presenta-en-fitur-unha-cidade-aberta-ao-mundo-traves-das-suas-experiencias

Ligazóns:
[1] https://youtu.be/uoeKU3mc9G4
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/users/user42478/210122_lara_mendez.-_fitur.mp3
[3] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/users/user42478/210122_mauricio_repetto.-_fitur.mp3