A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, recibe a un grupo de 15 persoas refuxiadas na Casa do Concello
A alcaldesa estivo acompañada pola concelleira de Benestar e Maiores, Olga López Racamonde.
"Lugo é a vosa casa: estamos aquí para apoiarvos no voso camiño cara a unha nova vida", subliñou a rexedora.
- Tema
- Benestar social,
- Asociacións sociais,
- Servizos sociais,
- Solidariedade,
- Protección da comunidade

A Alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, recibiu no salón de plenos da Casa do Concello a 15 persoas refuxiadas que forman parte do programa de protección internacional desenvolvido pola entidade social Diaconía. Acompañada pola concelleira de Benestar e Maiores, Olga López Racamonde, a rexedora destacou o carácter acolledor e inclusivo de Lugo, afirmando que "Lugo sempre foi unha cidade aberta á diversidade e comprometida coa integración."
"Estas persoas refuxiadas mostran unha resiliencia admirable, e dende o Concello queremos asegurarlles que non están soas. Esta é a súa nova casa, e estamos aquí para camiñar ao seu carón neste novo proxecto de vida," concluíu Paula Alvarellos.
