Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Alcaldesa anuncia aos veciños e veciñas de Fingoi melloras na rede de abastecemento do barrio

A Alcaldesa anuncia aos veciños e veciñas de Fingoi melloras na rede de abastecemento do barrio

Grazas ao Plan de Barrios que sacou adiante o Goberno de Lara Méndez dentro dos Orzamentos deste ano, renovarase o servizo nas rúas do Teixo e Ligustro

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Desenvolvemento local,
    • Orzamento
Venres, 28 de setembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa anuncia aos veciños e veciñas de Fingoi melloras na rede de abastecemento do barrio

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo este venres unha xuntanza coa veciñanza do barrio de Fingoi, á que anunciou que grazas ao Plan de Barrios que sacou adiante o Goberno local dentro dos Orzamentos deste ano, levaranse a cabo melloras na rede de abastecemento do barrio, en concreto, renovaranse as canalizacións das rúas do Teixo e Ligustro. Méndez destacou neste senso que é imprescindible contar con presuposto para poder atender as necesidades e peticións dos veciños e veciñas da cidade.

No caso do proxecto de renovación da rede de abastecemento da rúa do Teixo, o inicio das obras está previsto para mediados do vindeiro mes. En canto ao correspondente á rúa Ligustro, o proxecto está en tramitación.

Ademais de explicar os proxectos que o Goberno ten previsto a curto prazo no barrio, a Alcaldesa, acompañada dos concelleiros de Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, e Benestar Social, Ana González Abelleira, escoitaron as necesidades da veciñanza co fin de acometelas cos orzamentos deste ano se é posible, ou ben incorporalas ao próximo presuposto municipal.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-anuncia-aos-vecinos-e-vecinas-de-fingoi-melloras-na-rede-de-abastecemento-do-barrio