Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Aberto o prazo de inscrición no concurso de graffiti para visibilizar o Lugo social, que convoca a área de Benestar e FADAS

Aberto o prazo de inscrición no concurso de graffiti para visibilizar o Lugo social, que convoca a área de Benestar e FADAS

As solicitudes poderán presentarse ata o martes15 de decembro, a través do formulario https://cutt.ly/MgDu31p [1]

Poderá participar calquera persoa a partir de 16 anos, ben sexa de forma indiviudal ou colectiva

  • Tema
    • Benestar social,
    • Xuventude,
    • Programas xuvenís
Mércores, 09 de decembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Aberto o prazo de inscrición no concurso de graffiti para visibilizar o Lugo social, que convoca a área de Benestar e FADAS

A Concellería de Benestar Social, que dirixe Olga López, xunto á Federación de Asociacións do ámbito social de Lugo (FADAS) abriron hoxe o prazo para inscribirse no concurso de graffiti, que convocan as dúas entidades, para a realización dun mural que visibilice o Lugo social.

“Un certame – segundo relatou a edil - que busca enxalzar o traballo realizado polas asociacións que forman o terceiro sector de acción social de Lugo, ao tempo que se fomenta a arte urbana e se sensibiliza á cidadanía sobre o labor do voluntariado que existe en ditos colectivos”.

Ola López indicou que as solicitudes poderán presentarse ata o 15 de decembro a través do formulario:  https://cutt.ly/MgDu31p [1].

Cada persoa ou equipo debe entregar un bosquexo a cor, en formato pdf e jpg, a través do correo electrónico concursolugosocial.concellodelugo@gmail.com. [2]

Na convocatoria poderá participar, [2]de forma individual ou colectiva e de xeito gratuíto, calquera persoa a partir dos 16 anos. [2]

Olga López Racamonde referiu tamén que un xurado preseleccionará 10 obras e dentro delas elixirá as 3 premiadas. A Concellería de Benestar Social agasallará con 1.000 euros ao gañador que ademais poderá materializar a súa obra nun muro dun edificio municipal ou espazo público. Para o segundo e terceiro galardoado os premios serán 500 € e 200 €, respectivamente.

Ao resto de traballos preseleccionados, FADAS concederalles un vale de compra para material por valor de 100 euros cada un.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/aberto-o-prazo-de-inscricion-no-concurso-de-graffiti-para-visibilizar-o-lugo-social-que

Ligazóns:
[1] https://cutt.ly/MgDu31p
[2] mailto:concursolugosocial.concellodelugo@gmail.com