Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Información a inmigrantes e emigrantes retornados

Información a inmigrantes e emigrantes retornados

  • Tema
    • Servizos sociais,
    • Emigración e inmigración
  • Colectivo
    • Emigrantes,
    • Inmigrantes

Servizo específico integrado nos servizos sociais municipais, froito dun convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral de Emigración e o Concello de Lugo, dirixido a proporcionar información, orientación e asesoramento ás persoas inmigrantes e emigrantes retornadas.

Que servizos se ofrecen?

A Unidade de Información a Inmigrantes e Emigrantes retornados proporciona información, orientación e asesoramento sobre:

  • Situación xurídica da persoa inmigrante ou emigrante retornada e trámites administrativos para seguir en función da súa situación: na tramitación de permisos de residencia, traballo, visados, adquisición de naiconalidade, agrupametno familiar e/ou prestacións sociais, sanitarias e educativas.
  • Sobre programas formativos.
  • Orientación, apoio e seguimento dos procesos de iserción sociolaboral.
  • Intervencións sociofamiliares.
  • Tramitación de emerxencia social municipal.
  • Itinerarios de inclusión social.

Onde dirixirse?

A atención social préstase no Centro de Conviviencia que corresponda segundo o lugar de empadroamento da persoa solicitante.

A atención xurídica préstase no Centro de Servizos Municipais (antigo Seminario Menor), todos os venres en horario de 9.00 a 14.00 con cita previa.

Ronda da Muralla, 197 - Baixo
Tel.: 982 297 370
e-mail: inmigracion@lugo.gal [1]


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/actuacions/informacion-inmigrantes-e-emigrantes-retornados

Ligazóns:
[1] mailto:inmigracion@lugo.gal