Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Festas de San Froilán

Festas de San Froilán

As multitudinarias festas do San Froilán son as máis fermosas do outono galego, dixo Álvaro Cunqueiro no seu tempo. E non esaxeraba: en realidade, hoxe pódese dicir que son as máis fermosas de todas as estacións en Galicia.

O cinco de outubro San Froilán, o amigo dos  lobos, é o pretexto para uns festexos nos que Lugo, sempre cidade aberta, é máis aberta ca nunca. Milleiros e milleiros de persoas acoden á vella cidade, non só dos arredores, non só de toda Galicia, senón de fóra dela, e moi especialmente de Asturias e León. O Domingo das Mozas, o seguinte ao día do Patrón, é un verdadeiro río de xente, que sempre parece que non cabe e sempre acaba cabendo.

E ademais as festas do San Froilán son unha das mellores ocasións para coñecer o Lugo monumental, concentrado no centro histórico, que do 4 ao 12 de outubro, vestido de festa, adquire un esplendor especial, tinguido coa luz e coas cores do outono.

+ info

San Froilán 2015
3.17 MB
Programación das festas do San Froilán 2015
149.79 KB
Bases do 2º Concurso de polbeiros e polbeiras San Froilán 2015
9.43 KB
Ficha de inscrición no 2º Concurso de polbeiros e polbeiras San Froilán 2015
56.55 KB
Concurso Cartel San Froilán: Bases
53.14 KB
Concurso Cartel San Froilán Miúdo: Bases
59.06 KB
Plan de Tráfico e Mobilidade do San Froilán 2015
572.02 KB
Planos do Plan de Tráfico e Mobilidade do San Froilán 2015
www.sanfroilan.info
Aluguer de stands para o recinto feiral e para a "II Feira de Artesanía e Gastronomía do San Froilán 2015"
Autorización de instalación de postos de venda na “II Feira de Artesanía e Gastronomía do San Froilán 2015”
2º Concurso de polbeiras e polbeiros San Froilán 2015
149.79 KB
Bases do 2º Concurso de polbeiras e polbeiros San Froilán 2015
9.43 KB
Ficha de inscrición no 2º Concurso de polbeiras e polbeiros San Froilán 2015

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/actuacions/festas-de-san-froilan