Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Estratexia de desenvolvemento urbano sostible para o Concello de Lugo

Estratexia de desenvolvemento urbano sostible para o Concello de Lugo

  • Tema
    • Economía

O Concello de Lugo está a desenvolver unha estratexia de desenvolvemento urbano sostible integrado (EDUSI). O proceso de elaboración da devandita estratexia partiu dunha análise integrada da área territorial e da identificación dos retos da cidade que afrontará a estratexia. O obxectivo para alcanzar é unha cidade máis intelixente, sostible e integradora. Para iso contémplanse na estratexia actuacións que permitan afrontar diferentes retos económicos, climáticos, ambientais, demográficos e sociais da cidade.

O desenvolvemento desta estratexia permitirá solicitar fondos FEDER para realizar as actuacións identificadas. Estas axudas están dirixidas a localidades que teñan máis de 20.000 habitantes. A dita solicitude podería dotar o Concello de Lugo dunha axuda de 15.000.000 €, que constitúe o importe máximo da axuda para as áreas cunha poboación de máis de 50.000 habitantes.

As actuacións incidirán en obxectivos relacionados coas tecnoloxías da información e da comunicación, coa economía baixa en carbono, co patrimonio, co medio ambiente ou coa inclusión social.

Ata o 31 de decembro de 2015, o Concello de Lugo recollerá as opinións da cidadanía a través dunha enquisa na súa páxina web. Deste modo, a cidadanía poderá mostrar as súas preferencias de investimento na cidade, e poderá identificar os problemas e retos da cidade que considere máis relevantes.

Enquisa de participación cidadá para a elaboración do Plan estratéxico de desenvolvemento sostible >> [1]


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/actuacions/estratexia-de-desenvolvemento-urbano-sostible-para-o-concello-de-lugo

Ligazóns:
[1] https://docs.google.com/forms/d/1CR-xtKey6M0gOM9XM2V6BBKZdsgpszWsvNJ1yp351sw/viewform?usp=send_form