Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Rubén Arroxo solicita una reunión con el delegado de la Xunta para desbloquear el Plan Paradai

Rubén Arroxo solicita una reunión con el delegado de la Xunta para desbloquear el Plan Paradai

Arroxo solicita o compromiso da Xunta para arranxar canto antes a rúa Serra de Meira e a calzada das Gándaras

Aínda faltan por executar 3 das 9 fases do convenio asinado entre a Xunta e o Concello 

  • Tema
    • Infraestructuras
Lunes, 12 de agosto de 2019
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde en Funcións, Rubén Arroxo, anunciou no día de hoxe que solicitará unha xuntanza co delegado da Xunta en Lugo para desbloquear o Plan Paradai. Arroxo lembrou que “neste momento o Plan Paradai non existe, xa que quedou finiquitado dende o 31 de decembro de 2015 coa aceptación da adenda nº3 por parte do concello”. Segundo Arroxo, “varios viais, como poden ser a rúa serra de Meira e a calzada das Gándaras, precisan dunha actuación urxente debido á súa situación de deterioro”. Arroxo lembrou que no caso da rúa Serra de Meira débese modificar o proxecto, debido a que a proposta da Xunta foi rexeitada pola CHMS por afectar ao Rato.

“Este plan é competencia da Xunta, e é esta administración a que ten que investir para o arranxo destas rúas”, indicou Arroxo, que engadiu “debe haber un compromiso canto antes por parte do goberno galego para solucionar o arranxo destas rúas”. Para a Xunta, o Plan Paradai rematou coa obra da ponte sobre a vía do Ferrocarril, “máis aínda quedan actuacións pendentes que resultan fundamentais para o desenvolvemento da zona”.  

Arroxo lembrou que no convenio asinado inicialmente pola Xunta de Galiza e o Concello de Lugo, o Plan Paradai estaba dividido en 9 fases das cales aínda faltan por executar 3 das fundamentais. Na fase 1 recollíase a urbanización da praza Conde Fontao. Na fase 2, ademais da obra realizada da ponte sobre a vía do tren, contemplábase a rúa Serra de Meira, incluíndo o enlace coa N-640. Outra das fases sen executar é a fase 5, na que se falaba da urbanización da Calzada das Gándaras

Audio

RUBÉN ARROXO plan paradai | Descargar mp3 [1]


URL de origen: https://concellodelugo.gal/es/noticias/ruben-arroxo-solicita-una-reunion-con-el-delegado-de-la-xunta-para-desbloquear-el-plan

Enlaces:
[1] https://concellodelugo.gal/es/sites/default/files/users/user42478/190812_ruben_arroxo_plan_paradai.mp3