Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez presentará el libro ‘Libres e Vivas’ al alumnado de los institutos para concienciar contra la violencia de género

Lara Méndez presentará el libro ‘Libres e Vivas’ al alumnado de los institutos para concienciar contra la violencia de género

Xunto á alcaldesa, estarán a concelleira de Igualdade e os autores, que incidirán na necesidade de  avanzar na igualdade e no rexeitamento de todas as violencia machistas.

 O Goberno local reedita esta obra, que entregará aos estudantes neste acto.

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Agenda institucional,
    • Cultura y turismo,
    • Programación cultural,
    • Bibliotecas y archivos,
    • Gestión cultural,
    • Igualdad,
    • Igualdad de derechos,
    • Lenguaje sexista,
    • Violencia de género,
    • Inclusión
Viernes, 22 de octubre de 2021
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presentará o libro ‘Libres e Vivas’ a alumnado de 4º E.S.O e 1º de B.A.C nun acto que se celebrará o 27 de outubro, ás 11.00 horas, no Auditorio Municipal Gustavo Freire, co obxectivo de “lanzarlles unha mensaxe de concienciación sobre a necesidade de erradicar a violencia machista desde idades temperás e dar a coñecer os recursos de prevención que están a disposición das mulleres”, sostén a rexedora.

 

Xunto a alcaldesa estarán a concelleira de Muller, Silvia Alonso, o director da Editorial Galaxia, Francisco Conde, así como María López Sández e María Xosé Porteiro, dúas das autoras participantes do volume.

 

“Este libro aborda a cuestión do machismo, da igualade e do terrorismo patriarcal contra as mulleres”, avanza a edil, que explica que a concellería asume a reedición de 2.000 exemplares, dunha obra escrita por importantes autoras galegas contemporáneas, que serán cos que se agasallen aos participantes do acto.

 

A Concellería pon en marcha esta actividade, na que a través da literatura pretende chegar aos máis novos e novas, “co obxectivo de avanzar no desexo da igualdade e no rexeitamento de todas e cada unha das formas de violencia contra as mulleres”.

 

“Somos conscientes de que o cambio que todas e todos desexamos en materia de igualdade precisa da colaboración de todos os colectivos da sociedade, pero é moi importante dentro da comunidade educativa, xa que a grave situación da violencia de xénero non se resolverá sen a implicación e o compromiso e cambios na educación” apuntaba a Silvia Alonso.

 

Anxos Sumai, Berta Dávila, Charo Pita, Elisabeth Oliveira, Esther F. Carrodeaguas, María Canosa, María López Sández, María Xosé Porteiro, Mercedes Queixas e Paula Carballeira son as dez autoras dunha obra publicada pola editorial Galaxia que, desde diferentes puntos de vista, falan da igualdade e violencia machista. 

 

  • Documento 1 | Descargar pdf [1]
  • Documento 2 | Descargar pdf [2]

URL de origen: https://concellodelugo.gal/es/noticias/lara-mendez-presentara-el-libro-libres-e-vivas-al-alumnado-de-los-institutos-para

Enlaces:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/users/user42478/221021_libres_e_vivas.pdf
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/users/user42478/libres_e_vivas_-_lugo_cartel.pdf