Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez participa en los actos con motivo del Día do Veciño 2021 que reunió a mil persoas en el Pazo de Feiras e Congresos

Lara Méndez participa en los actos con motivo del Día do Veciño 2021 que reunió a mil persoas en el Pazo de Feiras e Congresos

O programa do evento incluíu unha exposición, a celebración dun partido de fútbol, actuacións de música tradicional e de baile, así como a entrega dos premios V de Veciño.

  • Tema
    • Agenda institucional,
    • Animación sociocultural
Sábado, 23 de octubre de 2021
Fuente: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez participa nos actos con motivo do Día do Veciño 2021 que reuniu a un milleiro de persoas no Pazo de Feiras e Congresos

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este sábado no Día do Veciño 2021, organizado pola Federación de Asociacións de Veciños, unha das entidades máis numerosas de Galicia, que integra a máis de 200 asociacións que simbolizan tanto a realidade do Lugo urbano como do rural.

 

O evento, que regresou ao Pazo de Feiras e Congresos, logo de que o pasado ano non se puidera celebrar a causa da pandemia, tivo un formato reducido reunindo a máis dun milleiro de persoas, polas máis de 4.000 que participaron na última edición.

 

Lara Méndez lembrou que esta “é unha cita cunha identidade e un peso importante no calendario de eventos da cidade e da provincia, un punto de encontro que fortalece o movemento veciñal, reforza lazos entre os colectivos, así como de toda a poboación”.

 

O programa deu comezo entorno ás 10.30 h., e incluíu unha exposición das actividades levadas a cabo pola Federación de Veciños durante este ano, a celebración dun partido de fútbol entre veciños no Polvorín e actuacións de música tradicional, como a da ‘Asociación cultural Axóuxere de Roupar’. Ritmo Lugo realizou unha actuación de baile e para finalizar procedeuse á entrega das V do Veciño, premios cos que se homenaxea e se recoñece a labor de personalidades que destacaran pola súa colaboración co movemento veciñal.

 

Nesta edición, marcada pola pandemia, non puido celebrarse o xantar habitual, mais en substitución do mesmo os convidados recibiron unha cesta con productos con denominación de orixe e a camiseta do Día do Veciño.

+INFO

  • 231021 Día do Veciño 2021 | Descargar pdf [1]

URL de origen: https://concellodelugo.gal/es/noticias/lara-mendez-participa-en-los-actos-con-motivo-del-dia-do-vecino-2021-que-reunio-mil-persoas

Enlaces:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/users/user42478/231021_dia_do_vecino_2021_0.pdf