Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez entrega la Médicus Mundi 3.228 gafas fáciles por la ciudadanía lucense para prevenir la ceguera en países subdesarrollados

Lara Méndez entrega la Médicus Mundi 3.228 gafas fáciles por la ciudadanía lucense para prevenir la ceguera en países subdesarrollados

A alcaldesa recibiu hoxe no Concello aos representantes da ong e destacou a gran participación da poboación nesta campaña solidaria.

Durante varias xornadas, Urbaser habilitou un colector específico nas prazas máis concorridas da capital para facilitar a colleita.

  • Tema
    • Solidaridad,
    • Recaudación
Lunes, 25 de octubre de 2021
Fuente: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez entrega a Médicus Mundi 3.228 lentes doadas pola cidadanía lucense para previr a cegueira en países subdesenvolvidos

A rexedora de Lugo, Lara Méndez, fixo entrega esta mañá a Médicus Mundi dun total de 3.228 pares de lentes que a cidadanía lucense doou a través da campaña #MisGafasTusGafas coa que colaborou o Concello de Lugo, a través da área de Medio Ambiente que dirixe o tenente de alcaldesa, Miguel Fernández.

Méndez recibiu no Concello a Luis Casado, presidente de Medicus Mundi Norte, Mari Cruz Cuevas, presidenta da Federación de Asociacións Medicus Mundi de España (FAMME) e Miguel García Liñares, delegado de Urbaser en Lugo e, durante o acto, quixo destacar a gran participación da poboación nesta iniciativa coa que se axudará a previr a cegueira en Marrocos, Burquina Faso e Guatemala onde a Ong desenvolve diversas accións en prol da saúde visual de persoas sen recursos.

Durante varias xornadas, a empresa concesionaria do servizo de limpeza e recollida de lixo, Urbaser, habilitou un colector específico nas prazas máis concorridas da capital para facilitar a colleita. Enclaves até os que numerosas persoas se aproximaron para depositar as súas lentes e darlles así unha segunda utilidade.

A alcaldesa aproveitou o encontro para poñer en valor non só a solidariedade da veciñanza de Lugo, senón tamén a transcendencia que ten a cooperación social e institucional para facilitar o desenvolvemento deste tipo de accións “nas que un xesto sinxelo, como reciclar aquelo ao que deixamos de darlle uso, terá un alcance extraordinario en tanto conseguirá evitar doenzas e mellorar a calidade de vida de colectivos vulnerables”, concluíu Lara Méndez.


URL de origen: https://concellodelugo.gal/es/noticias/lara-mendez-entrega-la-medicus-mundi-3228-gafas-faciles-por-la-ciudadania-lucense-para