Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez destaca en Ferrol la oportunidad de aprovechar los fondos europeos para conseguir "la Galicia de una sola velocidad"

Lara Méndez destaca en Ferrol la oportunidad de aprovechar los fondos europeos para conseguir "la Galicia de una sola velocidad"

La regidora, acompañada por el teniente de alcaldesa y portavoz municipal, Miguel Fernández, participó, junto a la Corporación ferrolana, en la festividad de San Xiao.

"Las alianzas entre Lugo y Ferrol pasan también por la reivindicación de infraestructuras como el AVE y el Corredor Atlántico de Mercancías, vitales para la competitividad de nuestros territorios", afirmó la alcaldesa.

Méndez ensalzó, más allá, el papel crucial de los Ayuntamientos como motores de la recuperación económica y social en la postpandemia.

  • Tema
    • Economía,
    • Infraestructuras,
    • Urbanismo
Viernes, 07 de enero de 2022
Fuente: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez destaca en Ferrol la oportunidad de aprovechar los fondos europeos para conseguir "la Galicia de una sola velocidad"

A rexedora, Lara Méndez, acompañada polo tenente de alcaldesa e voceiro municipal, Miguel Fernández, participou, esta mañá, na festividade de San Xiao. A outra das xornadas, logo do San Froilán, coa que os Concellos de Lugo e Ferrol celebran o seu irmandamento e na que a institución anfitrioa distingue ao Ferrolán do Ano e entrega as Insignias de Ouro da cidade.

“Recoñecementos moi valiosos cos que, ao igual que Lugo fai coas Medallas de Ouro, recentemente entregadas, se pretende poñer en valor a importancia das accións e do impulso cidadá na construción social dos municipios”, sinalou Lara Méndez.

Durante o acto, ao que asistiron representantes de todos os grupos da Corporación ferrolá (PP, BNG e Ferrol en Común), así como os voceiros do PSOE e do PP por parte da Corporación lucense, a alcaldesa puxo de manifesto a complexidade do ano 2021, cando, tras superar a chegada da COVID, “os Concellos tivemos que afrontar a recuperación dos nosos municipios nun contexto sanitario, social e económico realmente duro e no que aínda se mantén a preocupación polo devir da pandemia. Un 2021 no que quedou manifesta a transcendencia das Administracións locais na protección da veciñanza e no desenvolvemento das prestacións públicas para que ningún cidadán e cidadá se quede atrás nestes momentos de tanta dificultade”, sostivo.

Méndez lembrou tamén os lazos de amizade que ámbalas dúas cidades comparten dende 1906 e que se intensificaron a partir de 1913 coa entrada en funcionamento do ferrocarril. “Porque Lugo e Ferrol tamén mantemos retos e demandas en común e unha delas é, precisamente, non quedar descolgadas das infraestruturas viarias e ferroviarias tanto para o tráfico de pasaxeiros como o Ave, como o Corredor Atlántico de Mercadorías. Reivindicacións nas que as dúas somos aliadas porque resultan claves para que os nosos territorios sexan competitivos. Un obxectivo no que tanto Ángel como eu estamos a traballar como alcaldes pero tamén noutros foros nos que estamos presentes como pode ser o Eixo Atlántico”.

Unha similitude que a rexedora extrapolou, igualmente, ao modelo que segue a transformación dámbalas dúas cidades, “en prol de acadar urbes mais sostibles, nas que as persoas son o centro das nosas políticas, as principais protagonistas da nosa acción”.

“Estas serán, sen dúbida, cuestións cruciais na etapa na que estamos: a da recuperación; a das oportunidades que esta crise nos brindou deixando ao descuberto primeiro as debilidades que debiamos atallar, pero tamén as fortalezas que temos e que debemos aproveitar para saír reforzados da actual situación socio sanitaria”, engadiu a rexedora.

“Un fin para o que – abondou - resultará importantísima a xestión dos fondos europeos, como mecanismo imprescindible que axudará a rachar coa Galicia de dúas velocidades que dende Ferrol e Lugo combatemos cunha comprometida política municipal, logo de anos de hándicaps que se foron superando. Unha única velocidade á que nos incorporaremos e que chegará tamén da man da interconexión e da vertebración do territorio”, afirmou Lara Méndez.

Insignias de Oro

A alcaldesa de Lugo tivo tamén palabras de recoñecemento para as persoas e entidades galardoadas este ano: o bailarín e director da compañía “Nova Galega de Danza”, Jaime Pablo Díaz Rodríguez; as Unidades de Coidados Paliativos e de Hospitalización a domicilio HADO; a Sociedade Artística Ferrolana (SAF), que cumpre 50 anos; o edil Salustiano Gómez a título póstumo e a Asociación Recreativa e Deportiva Canido que conmemora o seu centenario.

En canto ao premio Ferrolán do Ano, este 2021 recaeu en Julio Abalde Alonso, Reitor Universidade da Coruña, pola creación dunha unidade mixta de investigación UDC-Navantia.

"Nesta etapa fomos máis conscientes, se cabe, do valor que ten o traballo dos servizos esenciais, nomeadamente os sanitarios e asistenciais, pero tamén do papel transcendental que exerce a Universidade como motor de futuro, de proxección empresarial e industrial, en materia de investigación pero tamén na xeración de talento. Ese talento que será o soporte principal da nosa recuperación económica, ao igual que o labor realizado polas entidades culturais, sociais e deportivas, básicas para a supervivencia da nosa identidade e claves no desenvolvemento integral das persoas que, co seu tesón e dedicación, dignifican o autóctono e axudan a que o local transcenda fronteiras”, enxalzou Méndez.

“Vimos de moitos meses de desalento, cansanzo e medo pero debemos ter presente que fomos capaces de superalo, de palialo e de erguernos a base de traballo, de ilusión, de novos proxectos que agora queremos materializar para que as nosas cidades ofrezan unha maior e mellor capacidade de resposta ante os retos futuros, para que sexan resilientes e estean preparadas. Por iso, se o facemos xuntos teremos máis peso e poderemos chegar máis lonxe”, concluíu a rexedora que aproveitou o final do seu descurso para renovar o compromiso de colaboración do Concello de Lugo co de Ferrol.

Como principais agasallos institucionais, Lara Méndez entregou, unha replica en cerámica do Casco Histórico de Lugo e recibiu de Ángel Mato varios exemplares bibliográficos que recollen capítulos da historia de Ferrol.


URL de origen: https://concellodelugo.gal/es/noticias/lara-mendez-destaca-en-ferrol-la-oportunidad-de-aprovechar-los-fondos-europeos-para