La alcaldesa y el concejal de Deportes reciben a la marchadora lucense Aldara Meilán por sus éxitos deportivos en 2026
- Tema
- Alcaldía,
- Deportes

Lugo, a 26 de agosto de 2026.- A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Deportes, Damián Carballo, recibiron á atleta lucense Aldara Meilán para recoñecer unha tempada na que deu o salto definitivo á elite absoluta da marcha atlética.
A deportista da Atlética Lucense, de 19 anos, conseguiu en 2026 a medalla de bronce individual na media maratón do Campionato do Mundo de Marcha por Equipos de Brasilia, contribuíndo ademais á prata de España por equipos.
A estes resultados sumou o bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España absoluto de Málaga e a novena posición no Campionato de Europa absoluto de Birmingham.
Durante a recepción, Candia e Carballo trasladaron a Aldara o recoñecemento da cidade pola súa progresión, o seu esforzo e a súa capacidade para levar o nome de Lugo ás principais competicións nacionais e internacionais.
