Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Juventud oferta programas de prevención de las drogodependencias en ámbitos escolares y familiares

Juventud oferta programas de prevención de las drogodependencias en ámbitos escolares y familiares

O edil Mauricio Repetto avanzou que se quere traballar en cuestións como ás adiccións no século XXI e a responsabilidade persoal ou as habilidades para a resolución de conflitos.

Haberá obradoiros sobre o abuso de novas tecnoloxías e sobre como abordar a presión de grupo, entre outros.

As solicitudes poderán realizarse a través do correo prevenciondrogas@lugo.gal [1], ou nos teléfonos: 982297498, 982297837.

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Prevención familiar,
    • Juventud,
    • Prevención de drogodependencias,
    • Asesoramiento a jóvenes,
    • Programas juveniles,
    • Atención ciudadana
Jueves, 21 de octubre de 2021
Fuente: 
Gabinete de Prensa
Juventud oferta programas de prevención de las drogodependencias en ámbitos escolares y familiares

O Goberno de Lara Méndez, a través da A Concellería de Xuventude, que dirixe Mauricio Repetto, está a remitir xa aos centros educativos o programa de actividades do Servizo de Prevención de Drogas e outras Adiccións para o curso 2021-2022, accións que buscan educar e concienciar á mocidade lucense e ás familias sobre os efectos negativos do consumo de drogas.

Con este programa, o Concello quere traballar cos mozos, mozas, a contorna educativa e as familias cuestións como ás adiccións no século XXI e a responsabilidade persoal. Ensinará, ademais, como efectuar unha comunicación efectiva e como manexar  habilidades sociais e emocionais para a resolución de conflitos. Tamén falarase sobre as ferramentas de prevención de adiccións.

“Dende este mes de outubro estamos a enviar aos as propostas de obradoiros para o curso escolar 2021-2022, que tamén está dispoñible nas redes sociais da concellería e na web www.lugomasxti.org [2], con contidos adaptados segundo as idades” destacou o edil.

Os obradoiros, cuxo enfoque e material está adaptado en función dos cursos, “convidan á participación e reflexión dos asistentes e serán impartidos por profesionais con ampla experiencia e formación no ámbito das adiccións”, aseverou Mauricio Repetto.

O número de sesións mínimo para cada un de estes obradoiros é de 3, cunha duración de entre 50-60 minutos.

    Ámbito Escolar (Primaria):

Saúde na Escola: Dirixido ao alumnado de primaria de 5º e 6º curso.

Prevención no abuso das novas tecnoloxías (móbil, xogos e redes sociais) – Desconecta: Dirixido ao alumnado de primaria de 5º e 6º curso.

    Ámbito Escolar (Secundaria):

Programa de Prevención Órdago: Dirixido ao alumnado de 1º e 2º da ESO. Esta taller está composto dunha guía para o alumnado para traballar contidos como a presión de grupo, a toma de decisións, o consumo e a publicidade, crenzas, actitudes ou autoestima.

Obradoiro Monográfico sobre o Cannabis: A verdade desta droga: Dirixido ao alumnado de 3º da ESO.

"Dobre Check": Dirixido ao alumnado de 4º da ESO.

    Ámbito Escolar (Secundaria):

Pensa en ti decide por ti: Dirixido ao alumnado de FP básica. Obradoiro composto de actividades

de elaboración propia que pretende traballar de xeito eficaz na intervención e abordaxe integral dos problemas relacionados co uso das drogas e outras adiccións, a través de intervencións dinámicas.

    Ámbito familiar:

Talleres de prevención de adiccións para as familias: Dirixidos a pais e nais de alumnado de todas

as idades.

Charlas para pais e nais: Prevención de adiccións a substancias psicoactivas e prevención de adiccións tecnolóxicas.

Os obradoiros pódense solicitar a través dos diferentes centros educativos ou AMPAS. Para iso, é preciso poñerse en contacto co Servizo de Prevención de Drogas e outras Adiccións do Concello de Lugo, a través do correo prevenciondrogas@lugo.gal [1] ou nos teléfonos: 982297498, 982297837.

+INFO

  • Díptico Obradoiros de prevención de adiccións | Descargar pdf [3]

URL de origen: https://concellodelugo.gal/es/noticias/juventud-oferta-programas-de-prevencion-de-las-drogodependencias-en-ambitos-escolares-y

Enlaces:
[1] mailto:prevenciondrogas@lugo.gal
[2] http://www.lugomasxti.org
[3] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/users/user42478/diptico_obradoiros_de_prevencion_de_adiccions.pdf