Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Iria Buide e Iria Castro inauguran el curso de primavera 'A voltas coa tradición'

Iria Buide e Iria Castro inauguran el curso de primavera 'A voltas coa tradición'

  • Tema
    • Animación sociocultural,
    • Cultura y turismo,
    • Programación cultural,
    • Música,
    • Gestión cultural,
    • Formación
Jueves, 24 de abril de 2025
Fuente: 
Gabinete de Prensa
Iria Buide e Iria Castro inauguran el curso de primavera 'A voltas coa tradición'

A concelleira Iria Buide e a deputada Iria Castro inauguraron dende a Facultade de Humanidades da USC o curso de primavera 'A voltas coa tradición', que se desenvolverá os días 24 e 26 de abril no Campus Universitario e no centro da cidade de Lugo.

Este curso nace como un espazo de encontro e reflexión arredor da tradición, partindo da idea de acompañar e reforzar a iniciativa de homenaxear ás cantareiras e pandereiteiras. A proposta busca sumar diferentes perspectivas e relatos sobre como se tratou a tradición ao longo do tempo, que se está a facer hoxe e que novos camiños se nos abren para a súa xestión e posta en valor.

Durante o acto inaugural, tanto Iria Buide como Iria Castro quixeron agradecer o traballo das persoas organizadoras e participantes, destacando o valor dun proxecto que pon no centro a nosa cultura e a memoria colectiva. Ambas felicitaron á comunidade universitaria pola iniciativa e animaron á cidadanía a participar activamente neste diálogo necesario sobre a tradición e a súa evolución.


URL de origen: https://concellodelugo.gal/es/noticias/iria-buide-e-iria-castro-inauguran-el-curso-de-primavera-voltas-coa-tradicion