Estudiantes del Ciclo de Marketing y Publicidad del CIFP As Mercedes conocen de cerca el ecosistema emprendedor del CEI-Nodus
Un grupo de 35 alumnos y alumnas visitó estas instalaciones municipales, para conocer su funcionamiento cómo centro de referencia en el emprendimiento en Lugo y Galicia.
Los estudiantes tuvieron la oportunidad de intercambiar experiencias con emprendedores que desarrollan sus proyectos en el CEI-Nodus, conociendo sus posibilidades.
- Tema
- Cultura y turismo,
- Educación,
- Centros de enseñanza,
- Formación,
- Nuevas tecnologías

Un grupo de 35 estudantes do primeiro curso do Ciclo de Marketing e Publicidade do CIFP As Mercedes de Lugo visitou as instalacións do CEI-Nodus para coñecer o seu funcionamento como centro de referencia no emprendemento tanto na provincia de Lugo como a nivel galego. Durante a visita, estiveron acompañados por técnicos municipais e polo persoal docente do centro educativo.
O obxectivo da actividade foi descubrir as oportunidades que ofrece o CEI-Nodus para a posta en marcha de proxectos empresariais, así como as ferramentas e servizos dispoñibles para aqueles que desexen emprender. Durante o percorrido, o alumnado puido coñecer as distintas áreas do centro, os servizos de asesoramento laboral e de emprego, a oficina Europe Direct Lugo, e as asociacións que teñen a súa sede neste centro, como a Federación de Asociacións de Ámbito Social de Lugo (FADAS), a Asociación de Xóvenes Empresarios (AJE), a Asociación de Mulleres Empresarias (AELU) e a Asociación de Distribuidores de Hostalaría e Alimentación (ADIS Lugo).
Ademais, os estudantes tiveron a oportunidade de intercambiar experiencias con emprendedores que actualmente desenvolven os seus proxectos no CEI-Nodus. Profesionais de sectores diversos compartiron as súas vivencias e destacaron o apoio que recibiron desde as primeiras fases dos seus negocios ata a súa consolidación.
Con máis de dúas décadas de traxectoria, o CEI-Nodus consolidouse como un espazo clave para a promoción do emprendemento en Lugo. Conta con 23 espazos destinados ao desenvolvemento empresarial, ademais de talleres, laboratorios e áreas de coworking. Ao longo da súa historia, ten apoiado o crecemento de máis de 100 proxectos empresariais, cunha taxa de supervivencia superior ao 75%, contribuíndo así á xeración de emprego e ao impulso do talento local.
Esta visita permitiu que o alumnado do CIFP As Mercedes coñecese de primeira man as posibilidades que ofrece o CEI-Nodus, achegándoos ao espírito emprendedor e proporcionándolles ferramentas para visualizar un futuro profesional ligado ao autoemprego e á innovación empresarial en Lugo.
