Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > El Ayuntamiento mejora la señalización horizontal en Fontiñas

El Ayuntamiento mejora la señalización horizontal en Fontiñas

Os traballos quedarán rematados nos próximos días e dan continuidade aos xa realizados na zona de Augas Férreas dentro dunha planificación que se desenvolve progresivamente nos diferentes barrios da cidade

  • Tema
    • Bienestar social,
    • Tráfico
Sábado, 22 de agosto de 2026
Fuente: 
Gabinete de Prensa
O Concello mellora a sinalización horizontal en Fontiñas

Sábado 22 de Agosto de 2026.- O Concello de Lugo vén de iniciar o repintado da sinalización horizontal no barrio de Fontiñas, unha actuación que quedará rematada ao longo desta semana e que contribuirá a reforzar a seguridade viaria, tanto de peóns como de condutores.

A actuación forma parte da planificación que desenvolve a Concellería de Mobilidade e Obras para a renovación e mantemento da sinalización horizontal, que se está a executar progresivamente nos diferentes barrios da cidade. Os traballos xa se completaron en Augas Férreas e continúan agora en Fontiñas, dando cumprimento ao calendario previsto.

Se están repintado  pasos de peóns, co obxectivo de recuperar a súa visibilidade e reforzar a seguridade das persoas que cruzan a vía. Tamén se procederá ao repintado das prazas reservadas para persoas con mobilidade reducida, garantindo que estean correctamente sinalizadas e identificadas.

Nas vindeiras semanas o Concello avanzará na mellora da sinalización horizontal das vías doutros puntos da cidade, seguindo a planificación establecida e aproveitando as condicións meteorolóxicas favorables para este tipo de actuacións.

Desde o Goberno municipal subliñan que a seguridade viaria é unha prioridade e que o mantemento adecuado da sinalización horizontal é tamén unha parte importante da protección dos desprazamentos diarios.

Antonio Ameijide concelleiro de mobilidade e obras: “A seguridade viaria é unha prioridade para este Goberno e tamén se constrúe con actuacións como esta, mantendo en boas condicións a sinalización que ordena a circulación e facilita os desprazamentos seguros de peóns e condutores. Estamos seguindo unha planificación e avanzando progresivamente polos diferentes barrios da cidade”, sinalan desde o Goberno municipal.

Audio

  • CORTE REPINTADO FONTIÑAS | Descargar mp3

URL de origen: https://concellodelugo.gal/es/noticias/el-ayuntamiento-mejora-la-senalizacion-horizontal-en-fontinas