El AYUNTAMIENTO INICIA LAS OBRAS DE REMODELACIÓN INTEGRAL DE LAS PISTAS GREGORIO PÉREZ RIVERA
As obras, que comezarán o vindeiro luns 17 de setembro, incluirán importantes melloras, garantindo alternativas para os adestramentos durante a súa execución.
- Tema
- Alcaldía

O pasado venres, as Pistas de Atletismo Municipais Gregorio Pérez Rivera acolleron unha reunión informativa organizada pola Concellería de Deportes de Lugo. O encontro contou coa presenza dos concelleiros Damián Carballo e María Reigosa, do Director de Obra da empresa adxudicataria, e de representantes dos distintos clubs de atletismo usuarios das instalacións.
O obxectivo principal desta cita foi expor de xeito detallado a folla de ruta das inminentes obras de remodelación, cuxo inicio está programado para o luns 17 de setembro. Prevese que os traballos conclúan a principios do mes de outubro, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan. Así mesmo, se puxeron en comun por parte dos clubs unha serie de melloras técnicas orientadas a optimizar a instalación para o seu uso intensivo por parte dos deportistas.
Alternativas e accesibilidade durante a execución das obras
Para garantir que a actividade deportiva sufra o menor impacto posible durante o período de obras, a Concellería estableceu o seguinte plan:
• Módulo Cuberto de Atletismo: Permanecerá totalmente operativo. Habilitarase un paso especial e seguro para os atletas que permitirá acceder ao módulo sen ningún risco, independizando o tránsito dos deportistas do paso de vehículos e maquinaria de obra.
• Pistas da Cidade Cultural: O Concello de Lugo chegou a un acordo coa Xunta de Galicia para o uso destas instalacións situadas no centro de Lugo. Durante este mes de agosto, o seu horario de apertura é de luns a venres, de 10:00 a 13:00 h e de 17:00 a 21:00 h. Nos vindeiros días exporanse unhas sinxelas normas de uso e convivencia para facilitar o acceso e o desenvolvemento dos adestramentos nesta localización.
