Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Este fin de semana darán comezo as novas actividades do programa de ocio xuvenil alternativo MAX

Este fin de semana darán comezo as novas actividades do programa de ocio xuvenil alternativo MAX

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Viernes, 11 de enero de 2013
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura tamén invitou a todos os lucenses a asistir á zarzuela La verbena de la Paloma no Auditorio

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou esta mañá a programación para de actividades previstas para o vindeiro trimestre do programa MAX (Movida Alternativa Xuvenil), que dará comezo hoxe venres día 11 de xaneiro e rematará o 8 de xuño.

A maioría das actividades terán lugar na Casa da Xuventude, algunhas delas comezan no mes de febreiro e precisan de inscrición previa xa que só teñen 15 prazas. O prazo para as inscricións previas son ata o 31 de xaneiro na Oficina de Información Xuvenil sita no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra.

Carmen Basadre informou que “este ano se inclúe un curso de cociña para aprender receitas sinxelas e económicas porque a Casa da Xuventude xa dispón dunha cociña para poder facer estas actividades” ademais anunciou que “todos os mozos e mozas poderán aprender nesa cociña a elaborar produtos de sobremesa do Entroido”.

Actividades MAX

Actividades dos venres

19.30h – 20.30h Como falar en público. (Comeza a partir de febreiro e é necesaria inscrición previa)

17.00h – 19.00h Curso de iniciación ao inglés. (Comeza a partir de febreiro e é necesaria inscrición previa)

20.30h – 21.30h Pilates.

19.30h – 21.30h Curso intermedio ao Inglés. (Comeza a partir de febreiro e é necesaria inscrición previa)

21.30h – 23.00h Tiro con Arco (Galería de tiro do parque de A Milagrosa)

23.00h – 00.30h Patinaxe-Xoquei en liña (Polideportivo de A Piringalla) HL Lugo

Actividades dos sábados

19.00h – 20.00h Ioga

20.00h – 21.00h Curso de Cociña económica (Comeza a partir de febreiro e é necesaria inscrición previa, Cociña da Casa da Xuventude)

20.00h – 21.30h Curso de retoque fotográfico (Comeza a partir de febreiro e é necesaria inscrición previa)

20.30h - 22.00h Tenis de mesa (Parque da Milagrosa) CD Dez Portas

Os venres e sábados de 17.00 a 00.30 horas a Casa da Xuventude ofrece a posibilidade de xogar coa Wii, con xogos de enxeño, con plataformas de baile, billar, ping-pong, Internet... Todas as actividades son gratuítas e de entrada libre.

Zarzuela no Auditorio

A Concelleira de Cultura, Carmen Basadre, acompañada pola Directora do Centro de Música de Fingoi, Asunción Fernández Puentes, a cantante, Pilar Martinez, o Director da Banda de Xove, Manuel Gayol, e a Directora da Escola de Danza Teresa Neri, Teresa Neri, presentaron o espectáculo de La verbena de la Paloma que terá lugar no Auditorio Gustavo Freire o domingo 13 ás 19:00. A entrada é de balde.


URL de origen: https://concellodelugo.gal/es/node/39145