Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lugo de noite, nunha exposición instalada na Casa da Xuventude

Lugo de noite, nunha exposición instalada na Casa da Xuventude

  • Tema
    • Igualdade
Jueves, 20 de septiembre de 2012
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, inaugurou esta tarde unha exposición de fotografías nocturnas de Lugo, na que se amosan os traballos feitos por alumnos dun curso realizado este verán na Casa da Xuventude.

A mostra quedou instalada dende hoxe ata o día 3 de outubro no espazo expositivo da Casa da Xuventude.

Nesta exposición amósanse os traballos que fixeron os alumnos do curso de Fotografía Nocturna, que organizou a Concellería de Benestar Social, Igualdade e Xuventude durante o mes de agosto, dentro do programa +xTi.

A exposición, que plasma as diferentes posibilidades creativas que proporciona o ambiente nocturno na fotografía, amosa diferentes perspectiva das nosa cidade capturadas polos obxectivos destes novos creadores, os alumnos Carlos Junquera Ventosinos, Pablo Fouz Moure, Marcos Iván García Espiño e Miguel Grandío López.

“Fotografía Nocturna” poderá visitarse de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 21:30 horas na Casa da Xuventude. 

 
 
www.lugo.es/radaresxuvenis [1]

Programa +Xti  www.lugo.es/prevenciondrogas [2]

 


URL de origen: https://concellodelugo.gal/es/node/38539

Enlaces:
[1] http://www.lugo.es/radaresxuvenis
[2] http://www.lugo.es/prevenciondrogas