Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Preto de 60 voluntarios da Asociación Española Contra o Cancro de Teruel visitaron o Concello de Lugo

Preto de 60 voluntarios da Asociación Española Contra o Cancro de Teruel visitaron o Concello de Lugo

Martes, 18 de septiembre de 2012
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu a visita dun grupo de 60 voluntarios da Asociación Española Contra o Cancro de Teruel, que se atopan de visita na cidade durante esta semana. No acto tamén estivo, María Concepción de Martín Varela, presidenta da Asociación Española Contra o Cancro de Lugo.

López Orozco deulles a benvida e resaltou a importancia do traballo dos miles de voluntarios que “realizan accións beneficiosas para os que peor o están pasando, neste caso por enfermidades, dunha maneira totalmente gratuíta e desinteresada”. Neste sentido tamén os invitou a coñecer Lugo dende o punto de vista gastronómico e cultural. 


URL de origen: https://concellodelugo.gal/es/node/38512