Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Concelleira de Benestar Social e Igualdade participa na entrega do cuarto talón conseguido mediante a recollida de tapóns

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade participa na entrega do cuarto talón conseguido mediante a recollida de tapóns

  • Tema
    • Igualdade
Martes, 01 de julio de 2014
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, asistiu esta mañá ao acto de entrega dun talón por valor de 2.600 euros aos pais de Saúl Cancio, un neno de 6 anos que sofre unha rara enfermidade que non lle permite andar.

Este é o cuarto que entregan as entidades, na que está incluída o Concello de Lugo, que colaboran  na iniciativa solidaria Os tapóns dan vida e coidan o medio ambiente promovida pola Fundación Puro Cora para axudar ás familias de nenos e nenas que sofren algún tipo de enfermidade.

Nesta ocasión a colaboración dos lucenses permitiu recoller 13 toneladas de tapóns de plástico que farán posible a mellora da calidade de vida de Saúl Cancio.


URL de origen: https://concellodelugo.gal/es/node/37888