Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello comeza a tramitación da modificación do PEPRI na confluencia de San Roque con Carril das Flores

O Concello comeza a tramitación da modificación do PEPRI na confluencia de San Roque con Carril das Flores

  • Tema
    • Urbanismo
Miércoles, 18 de junio de 2014
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, anunciou que o Goberno local está a tramitar unha modificación puntual do Plan Especial de Protección e Rehabilitación e Reforma Interior que suporá a ampliación da rúa San Roque na confluencia coa Ronda da Muralla e o ensanchamento do Carril das Flores.

Luis Álvarez informou de que a Xunta de Goberno Local aprobou inicialmente este mércores a modificación do PEPRI na mazá correspondente á esquina San Roque con Carril das Flores.

“Trátase dun proxecto que vai permitir a reordenación da zona sen superar a edificabilidade establecida para a zona”, explicou o Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente que confía en que “nun prazo moi breve de tempo poidamos dispoñer unha importante mellora para esa zona da cidade de Lugo”.

Esta actuación supón o retranqueo da nova edificación respecto á alineación das parcelas cara a Ronda da Muralla e Rúa San Roque de maneira que se ensancha esta última rúa, que pasará a ter un terceiro carril nesa zona e a incorporación dun novo carril para o acceso ó Carril das Flores.

Con este proxecto resólvese o tránsito peonil mediante a creación dunha beirarrúa que permitirá prescindir da pasarela existente na zona ó tempo que se porá fin ó angosto acceso de vehículos ó Carril das Flores, que na actualidade queda constreñido pola pasarela e o valado existentes na zona.


URL de origen: https://concellodelugo.gal/es/node/37696