Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo nega a existencia de puntos específicos para depositar basura

O Concello de Lugo nega a existencia de puntos específicos para depositar basura

  • Tema
    • Urbanismo
Martes, 17 de junio de 2014
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo informa que non hai ningún punto habilitado para o depósito de basura e posterior recollida. Os puntos que se recollen son determinados despois dos controis realizados diariamente por persoal dependente da Xefatura Territorial de Sanidade en Lugo e dos Bombeiros e nos que se considera que pode haber un risco importante para a saúde e seguridade da poboación.

Nos puntos nos que se detecta un acumulo de residuos con risco grave para a saúde e seguridade pública a empresa Tragsa recolle ese lixo no prazo máis curto posible.

En ningún caso se establecen puntos determinados para o depósito do lixo de locais de hosteleria nin de ningún outro tipo de establecemento ou entidades.


URL de origen: https://concellodelugo.gal/es/node/37684