Rosana Rielo tomou posesión como Concelleira da Corporación Municipal de Lugo

Rosana Rielo Rozas tomou posesión hoxe como Concelleira da Corporación Municipal de Lugo, no Pleno ordinario que celebrou esta tarde o Concello.
Rosana Rielo, de 33 anos, naceu en Lugo, milita no PsdeG-PSOE dende os 16 anos é está en posesión das licenciaturas en Administración de Empresas, en Políticas e en Socioloxía. Tamén é Diplomada en Ciencias Empresariais e enTraballo Social, cursou un Master en Xuventude e na actualidade está a rematar a Licenciatura en Antropoloxía.
Rosana Rielo Rozas incorpórase á Corporación Municipal, da que xa formou parte entre os anos 2003-2007 e 2008-2011, mandatos nos que dirixiu a Concellería de Xuventude, en sustitución de Lino González Dopeso, que renunciou á súa acta de Concelleiro no Pleno que celebrou a Corporación Municipal o pasado mes de xullo para retomar o exercizo da Medicina.
