Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Mañá presentarase a 17ª edición de XISTRAL, Revista Lucense de Creación Poética, publicada polo Concello de Lugo

Mañá presentarase a 17ª edición de XISTRAL, Revista Lucense de Creación Poética, publicada polo Concello de Lugo

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Jueves, 02 de octubre de 2014
Fuente: 
Gabinete de Prensa

Mañá, xoves 2 de outubro, ás 20:00 horas preséntase no Salón de Plenos do Concello de Lugo o número 17 de XISTRAL, Revista Lucense de Creación Poética, publicada pola Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre.

Este número recolle poesías de 53 poetas, e leva ademais catro ilustracións en cores obra da artista lucense Noa Persán.

No acto de presentación, que será conducido polo coordinador da revista, Camilo Gómez Torres, participará a Concelleira de Cultura. Tamén terá lugar un recital de poetas que publicaron neste número.


URL de origen: https://concellodelugo.gal/es/node/37162