Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Carmen Basadre deu a coñecer os gañadores dos certames de fotografía e de deseño gráfico contra a violencia de xénero

Carmen Basadre deu a coñecer os gañadores dos certames de fotografía e de deseño gráfico contra a violencia de xénero

  • Tema
    • Igualdade
Martes, 30 de octubre de 2012
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, presentou esta mañá as obras gañadoras de dous certames, un de carteis e outro de fotografía, organizados pola súa área.

No caso do III Certame de fotografía Revelando o Machismo, presentáronse 7 traballos chegados de diferentes puntos de España que trataban de plasmar en imaxes a desigualdade entre homes e mulleres e o sexismo. Nesta categoría o gañador foi unha fotografía do zaragozano José Ramón Moreno Fernández, que leva como título Corresponsabilidade. O premio está dotado con 600 euros e un agasallo.

No caso do concurso de Deseño Gráfico contra a Violencia de Xénero presentáronse 6 carteis, nos que se valorou sobre todo o impacto do lema que contén. Ademais servirá como cartel da Xornada contra a Violencia de Xénero que se celebra no mes de novembro e como campaña de sensibilización e difusión en materia de prevención. A obra gañadora é de Patricia Otero Pérez e leva por título Que pare a violencia non está na súa man, está na TÚA. O premio está dotada con 600 euros e un agasallo.

www.lugo.es/ws/casadamuller [1]


URL de origen: https://concellodelugo.gal/es/node/36328

Enlaces:
[1] http://www.lugo.es/ws/casadamuller