Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O documental do Arde Lucus segue a colleitar éxitos

O documental do Arde Lucus segue a colleitar éxitos

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Lunes, 21 de julio de 2014
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre, expresou hoxe a súa satisfacción polo novo éxito acadado polo documental “Arde Lucus”, do director Brais Revaldería, e pola importante contribución que está a facer para divulgar a festa romana de Lugo e a nosa cidade en distintos lugares do mundo.

Segundo informou Revaldería a Carmen Basadre, nos últimos días recibiu un novo premio, desta volta no Madrid International Film Festival, no que acadou o premio Best Movie Honouring Spanish Language. Neste festival participaron estrelas do cine como Dalniel Baldwin, o famoso coreoógrafo de Bollywood Sandip Soparrkar.

O documental “Arde Lucus” xa gañara outros premios nos festivais St Tropez International Film Festival, onde se fixo co galardón Best Director of a Foreign Language Film, e no Noida International Film Festival, no que gañou o premio ó Mellor Documental.


URL de origen: https://concellodelugo.gal/es/node/36277