Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Máis de 10.000 veciños de Lugo participaron nas diferentes actividades de animación sociocultural organizadas polo Concello

Máis de 10.000 veciños de Lugo participaron nas diferentes actividades de animación sociocultural organizadas polo Concello

  • Tema
    • Igualdade
Martes, 28 de enero de 2014
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, deu a coñecer esta mañá os datos das actividades socioculturais que se levaron a cabo ao longo do 2013 e que son unha aposta polo ocio saudable e a aprendizaxe de habilidades sociais.

Desta maneira, durante o ano 2013, leváronse a cabo 238 talleres de diferente índole, tanto nos centros de dinamización rural como nos centros de convivencia da cidade, dos que se beneficiaron 11.778 persoas, “case un 12% da poboación de Lugo” segundo González Abelleira.

“O Concello aposta por seguir prestando este servizo que é moi útil para que evitar que moitas persoas se sintan soas e na zona rural permite que os veciños e veciñas se socialicen e compartan novas experiencias” e sinalou que “cada vez teñen máis demanda”.

Compre sinalar que o perfil maioritario dos usuarios destas actividades é dunha muller, son o 85% do total, de entre 51 e 65 anos que demanda actividades psico-físicas e manualidades. Nas actividades dirixidas para menores de 14 anos destaca un 60% da nenas e un 40% de nenos. Estas actividades teñen un orzamento de preto de 200.000 euros.

A responsable da área de Benestar sinalou como obxectivos das actividades socioculturais a promoción e dinamización e a implicación da cidadanía na posta en marcha de iniciativas de prevención e mellora da cohesión social ademais de que “supón un incentivo contra o sedentarismo e o aislamento nunha poboación que se caracteriza polo alto número de persoas maiores, moitas delas que viven sos”.


URL de origen: https://concellodelugo.gal/es/node/34621