Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Publicadas no BOP as bases para participar no procedemento de autorización de uso en precario de locais na Casa Clara Campoamor

Publicadas no BOP as bases para participar no procedemento de autorización de uso en precario de locais na Casa Clara Campoamor

  • Tema
    • Igualdade
Lunes, 21 de octubre de 2013
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Boletín Oficial da Provincia de hoxe xoves 17 de outubro publica as bases para a apertura da convocatoria pública para participar no procedemento de autorización de uso en precario de locais na Casa Clara Campoamor.

Este equipamento, adscrito a Concellería de Benestar Social e Igualdade, conta con oito locais susceptibles de ser utilizados por asociacións para desenvolver os seus programas e cun local destinado a uso de ximnasio. Poderán acceder á presente convocatoria todas as asociacións que desenvolvan a súa actividade no eido dos servizos sociais e, entre outros requisitos esixidos na convocatoria, acrediten a necesidade de utilizar un local por carecer dun espazo axeitado para desenvolver os seus programas, estean inscritas no rexistro municipal de asociacións e que conten cunha experiencia mínima de 2 anos no Concello de Lugo.

Terán preferencia de acceso ó uso dos locais aquelas asociacións que teñan entre as súas persoas asociadas a persoas con discapacidade e asociacións que desenvolvan programas dirixidos a persoas coa enfermidade de alzheimer. O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles a contar dende a publicación do anuncio no BOP.


URL de origen: https://concellodelugo.gal/es/node/34417