Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Mañá ábrese o prazo de solicitude para as subvencións das celebracións Lume Novo

Mañá ábrese o prazo de solicitude para as subvencións das celebracións Lume Novo

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Miércoles, 28 de mayo de 2014
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo, a través da Concellería de Cultura, informa de que a partir de mañá xoves 29 de maio, estará aberto o prazo para a solicitude de subvencións para a celebración de Lume Novo nas parroquias, barrios ou núcleos poboacionais do municipio de Lugo.

A  cantidade total establecida para esta actividade é de 8.500 euros, que se repartirá por igual entre todas as solicitudes presentadas. Só se concederá unha axuda por parroquia, barrio ou núcleo poboacional, e no caso de haber máis dunha solicitude, terase en conta a de máis representatividade e tradición histórica.

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral Municipal do Concello de Lugo antes do 20 de xuño de 2014 para o Lume Novo. As bases poden consultarse no BOP número 120 de 28 de maio de 2014.


URL de origen: https://concellodelugo.gal/es/node/34015