Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A concelleira Rosana Rielo participa na entrega de galardóns aos mellores stand do Artesanfroilán

A concelleira Rosana Rielo participa na entrega de galardóns aos mellores stand do Artesanfroilán

  • Tema
    • Economía
Lunes, 14 de octubre de 2013
Fuente: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira do Goberno Local, Rosana Rielo, participou na entrega de premios dos galardóns aos mellores expositores do Artesanfroilán, que este ano recaeron en tres firmas de artesanía lucense, Artecaurel, Imavi e Sra. María. Por primeira vez, nesta 17ª edición, os premios entregados foron tres, dotados con 600, 300 e 100 euros

Artecaurel é o selo da artesana e pintora Carmen  López, que ten na Montaña luguesa a súa inspiración; Iria Pigueiras, viveirense, está detrás da firma de xoiería e complementos Imavi, caracterizada polas súas creacións en materiais coma arxila ou flores secas. Sra. María é Noela Feal, afincada en Vilaba e que fixo da artesanía téxtil a súa forma de vida. As tres foron premiadas polos membros do xurado, que valoraron aspectos coma o deseño do posto, a presentación do produto, a orixinalidade, o seu carácter ecolóxico e sustentable e en definitiva, a comisión valorará calquera outro aspecto que supoña un esforzo decidido para mellorar a imaxe da feira.


URL de origen: https://concellodelugo.gal/es/node/33970