Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O CEI-Nodus impartirá un novo curso sobre redes sociais

O CEI-Nodus impartirá un novo curso sobre redes sociais

  • Tema
    • Economía
Miércoles, 30 de mayo de 2012
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo organiza un novo curso sobre redes sociais que terá lugar os sábados 9 e 16 de xuño.

As sesións celebraranse na Sala Multimedia do CEI-Nodus de 10.00 a 14.00 horas. As persoas interesadas neste curso poden inscribirse ou solicitar información a través do correo electrónico pait@cei.lugo.es [1] ou ben chamar por teléfono ó número 982 297474.

O CEI organiza este novo curso sobre redes sociais dada a demanda existente sobre esta materia. Nas últimas semanas celebrouse outro curso específico para xornalistas en colaboración coa Asociación da Prensa de Lugo.

CEI Nodus - cei.lugo.es [2]

 


URL de origen: https://concellodelugo.gal/es/node/33769

Enlaces:
[1] mailto:pait@cei.lugo.es
[2] http://cei.lugo.es