Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > López Orozco presentou o vídeo promocional do Arde Lucus que distribuirá o Grupo Alsa e que chegará a máis de 300.000 viaxeiros

López Orozco presentou o vídeo promocional do Arde Lucus que distribuirá o Grupo Alsa e que chegará a máis de 300.000 viaxeiros

Martes, 29 de mayo de 2012
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, o Xerente do Grupo Alsa, Javier Gonzalez Pérez, e o Delegado Comercial en Galicia, Ramón Piña, presentaron o vídeo promocional que o Grupo Alsa vai distribuír entre todos os autobuses que realizan traxectos a nivel nacional e que se agarda sexan visualizados por máis de 300.000 persoas. A promoción durará 16 días, nos que se farán unhas 10.000 visualizacións por autocar.

O Concello de Lugo e o Grupo Alsa chegaron a un acordo para facer un desconto do 25% a todas as persoas que queiran achegarse a gozar o Arde Lucus, que se celebra os días 22, 23 e 24 de xuño. Ademais, o compromiso base é facer unha promoción da festa por toda España a través dos recorridos que o Grupo Alsa realiza. Neste sentido comprometéronse a emitir un vídeo de 30 segundos sobre o Arde Lucus e o que representa para a cidade no canal de entretemento a bordo dos que dispoñen todos os autobuses.

O Alcalde agradeceulle á empresa a colaboración coa festa e por poñer todo tipo de facilidades xa que se trata dunha acción “que vai favorecer á cidade a través dos descontos e a coa promoción do vídeo por toda a xeografía española”.

Pola súa parte, o Xerente de Alsa, Javier Gonzalez Pérez, deu as grazas por poder participar dunha maneira tan activa no Arde Lucus e informou que aquelas persoas que vaian a viaxar á cidade entre o 20 e o 26 de xuño poden mercar os billetes e xa se lles aplicara un 25% de desconto sobre os mesmos. A idea é que persoas de todo España se acheguen á Lugo proporcionándolles unha rebaixa no viaxe para que nesta época de dificultades todos teñan mellores posibilidades.

www.ardelucus.com [1]

 


URL de origen: https://concellodelugo.gal/es/node/33760

Enlaces:
[1] http://www.ardelucus.com