Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Alcalde recibe a tres lucenses campións de España de kickboxing

O Alcalde recibe a tres lucenses campións de España de kickboxing

  • Tema
    • Deportes
Lunes, 21 de mayo de 2012
Fuente: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde, José López Orozco, recibiu hoxe a tres deportistas lucenses que gañaron outras tantas medallas de ouro no Campionato de España de kickboxing e que estiveron acompañados polo seu entrenador na visita ó Concello.

O Alcalde felicitou a Marcos Sancosmed, Iago Ferreirúa e David Maira polos seus éxitos e por poñer a Lugo no alto do podio no Campionato de España desta especialidade deportiva. Marcos Sancosmed gañou a medalla de ouro na categoría de menos de 75 kilos clase B. Iago Ferreirúa gañou na categoría de menos de 75 kilos clase A. E David Maira conqueriu a medalla de ouro na de menos de 63,5 kilos clase B.

López Orozco tamén lles agradeceu que leven o nome de Lugo ó máis alto do podio na súa modalidade deportiva e obsequiounos coa reprodución da Muralla feita por Apsnais.

Os tres campións lucenses forman parte do club Argos-Astur.


URL de origen: https://concellodelugo.gal/es/node/33472