Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O cartel que anunciará o Arde Lucus 2012 é obra de Iván Mouronte Barreiro

O cartel que anunciará o Arde Lucus 2012 é obra de Iván Mouronte Barreiro

  • Tema
    • Igualdade
Miércoles, 07 de marzo de 2012
Fuente: 
Gabinete de Prensa

No primeiro concurso convocado para seleccionar o cartel do Arde Lucus participaron máis de medio cento de obras

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, deu a coñecer hoxe o cartel anunciador da undécima edición da festa do Arde Lucus. A obra seleccionada polo xurado presentouse co lema “A chama interior maniféstase” e o seu autor é o veciño de Lugo Iván Mouronte Barreiro.

O fallo do xurado produciuse este mediodía na Casa da Xuventude onde se atopan expostos ós 57 traballos presentados ó concurso convocado polo Concello. O gañador recibirá un premio valorado en 1.000 euros.

Para seleccionar o cartel que anunciará a undécima edición do Arde Lucus, a Concellería de Benestar Social, Igualdade e Xuventude convocou, por primeira vez un concurso aberto a toda a poboación.

O Arde Lucus, que está declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, celebrarase o último fin de semana do mes de xuño, os días 22, 23 e 24.

www.ardelucus.com [1]

 


URL de origen: https://concellodelugo.gal/es/node/32908

Enlaces:
[1] http://www.ardelucus.com